Nas
últimas semanas vimos de coñecer a través da prensa que una rapaza da Pobra do
Caramiñal foi atopada “parcialmente desnuda e desorientada” o pasado 13 de
xuño. Da investigación non transcendeu nada, xa que nestes casos a privacidade
das afectadas é fundamental. De tódolos xeitos,
é posible que estemos ante unha agresión sexual, sexa do carácter que
sexa.
Independentemente
do que a investigación policial termine dictaminando, o que é innegable é que
miles de mulleres somos víctimas de agresións sexuais de características
similares. A pasividade social e institucional ante este tipo de violencia
sufrida polas mulleres, especialmente mozas, é absolutamente intolerable.
Insultos, proposicións (supostamente halagadoras), "toqueteos",
presións por manter prácticas sexuais non desexadas (cando non sedación e
brutais violacións), son agresións que a maior parte de nós temos que aturar ao
longo da vida; ademais, é habitual que sexamos dobremente vítimas de violencia,
pois a sociedade tende a invisibilizar esta violencia e as mulleres a negan por
medo ou vergoña.
En 2014, a Axencia para os
Dereitos Fundamentais da Unión Europea
elaborou un estudo sobre a problemática. Os resultados que plasma son
realmente arrepientes: a Axencia sinala que máis de 100 millóns de mulleres en
toda a UE, é decir, 1 de cada 2, foi vítima dalgunha agresión ou de acoso
sexual. A porcentaxe é idéntica noutros ámbitos da sociedade supostamente máis
regularizados: entre o 40% e o 50% das mulleres europeas soportan insinuacións
ou contactos físicos indesexados no seu centro de traballo. E, por último, 1 de
cada 20 mulleres europeas foi violada e o 12% sufreu abusos sexuais durante a
infancia.
Pero a
análise de todos estes datos é aínda máis grave do que parece. A comprensión
que a sociedade mostra cara o agresor (“Pero a ti el gústache?”, “Non lle deas
importancia, tampouco é para tanto”, “Tes que comprender que eres moi
atractiva”, “Quizá no deberías vestir desa maneira…”, e un longo etcétera)
desalenta á denuncia deste tipo de violencias, polo que posiblemente as cifras
reais sexan moitísimo máis alarmantes.
Por
último, destacar outro dato que consideramos fundamental ter en conta para
entender a natureza e a dimensión do problema que estamos a tratar. Segundo a Axencia
para os Dereitos Fundamentais da Unión Europea, a metade das mulleres
adoptamos medidas excepcionais, de maneira cotidiana, por medo a sufrir
agresións. Accións tan insignificantes para o home como tomar o transporte
público, levar certa indumentaria, camiñar sen compañía pola rúa ou, incluso,
agardar a soas en certos locais, son situacións evitadas polo 50% das mulleres
por temor a ser molestadas, insultadas o agredidas. Un dato que demostra o
ambiente de inseguridade no que vivimos sumerxidas as mulleres na actualidade,
ademais de ser unha gravísima limitación da liberdade individual e colectiva de
todas nós.
O caso
é que segue sendo moi preocupante a maneira en que a sociedade no seu conxunto,
e os medios de comunicación en particular, seguen tratando as agresións
sexuais. Habitualmente cunha lixereza algo indecente. Proba disto é a noticia
que motivou o presente artigo. A edición dixital de La Voz de Galicia
do pasado 24 de xuño fíxose eco da aparición da moza en A Pobra do Caramiñal,
pero non esqueceron engadir, ao final da noticia: “Lo que sí parece estar
confirmado es que la chica, en un principio, aseguró que habría mantenido
relaciones consentidas…” O que constitúe unha insinuación de co-resposabilidade
que ten a víctima ante a agresión da que puido ser víctima. Quizáis o xornal
non entenda que unha relación sexual, mesmo se comezase sendo consentida, pode
rematar en violación, que unha muller agredida está nun enorme estado de
confusión e que unha muller nunca é responsable dunha agresión, baixo ningún
concepto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario